quen somos contos colabora cineteca enlaces galería de fotos contacta con nós
 
quen somos
contos
colabora
cineteca
enlaces
galeria de fotos
contacta
prensa
 
ciclobiblioteca
 
2teixos
 
a web d@s nen@s
 
decalogo
 
cantos solidarios
 
Bestiario da fraga dos contos solidarios
 
 
:: quen somos
O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica….. Contos Solidarios abre esta páxina web para achegar os contos e o traballo de Bicis pola Paz e Papaventos a todas/os que queirades coñecelo, e para que colaboredes con esta iniciativa que reivindica outro mundo posible a través dun universo paralelo formado polos contos solidarios, no que nos poidamos refuxiar para construír un mundo real de xustiza e liberdade.

 BICIS POLA PAZ 

Bicis pola Paz é unha ongd que nace en Chantada (Galiza) no ano 1990. O obxectivo de Bicis pola Paz é fomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento, Bicis pola Paz doa bicicletas a mestres, médicos, promotores de saúde, veterinarios…. en máis de vinte paises de América Latina, Asía e África, así como a inmigrantes no estado español. Grazas a unha bici un médico pode chegar a tempo a un parto para salvar a vida dunha persoa, un mestre pode atender máis escolas ou un inmigrante atopar e desprazarse a un traballo digno. Bicis pola Paz doa as bicicletas en base a demanda das comunidades locais e en colaboración con elas, adquirindo as bicis nos mesmos lugares de desenvolvemento dos proxectos co fin de fortalecer o tecido comercial local. Bicis pola Paz financia estas doazóns cos fondos recadados polo proxecto "Contos Solidarios" así coma cos fondos económicos aportados por colaboradores, institucións, fundacións…


 PAPAVENTOS EDUCACIÓN AMBIENTAL 

Papaventos nace en Garabelos, nunha aldea do interior de Lugo en 1989, co fin de desenvolver un proxecto de animación medioambiental e cultural. Papaventos desenvolve actividades lúdico-pedagóxicas en centros escolares de douscentos concellos de Galiza, Asturias, O Bierzo e Portugal . Papaventos emprega o conto, o xogo, a música, a mímica… como ferramenta educativa co fin de facer atractivas as súas propostas pedagóxicas, dispón tamén dunha eco-biblioteca itinerante que percorre centros escolares e que non verán instálase en praias e piscinas co fin de promover o achegamento a bibliografía eco-solidaria como parte dunha sociedade mais comprometida co entorno. Papaventos ten recibido o Premio de Educación Ambiental en Galicia 1.990, o Premio a Mellora da Calidade de Vida Agronatura 1991 e o Premo Laranxa da Escola de Montefurado. Papaventos reivindica diante da sociedade un compromiso para o desenvolvemento de proxectos continuados de concienciación e sensibilización como único motor para unha sociedade con maíor respecto o seu entorno, con maior futuro ambiental, con máis xustiza.
 
 

    COA FINANCIACIÓN DE:    
 
  AGRADECEMENTOS:
    cooperación galega       Bicis pola Paz e Papaventos Educación Ambiental agradecen as seguintes persoas e institucións que fixeran posible o proxecto Contos Solidarios:

Cristina Ouro (debuxos)
Xavier Viana (contacontos e paiaso triplicado)
Amelia Ledo (contacontos)
Paula Carballeira (mestra contadora de historias)
Coordinadora Galega de Ongd,s

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Oficina Acción Solidaria (Universidade de A Coruña)
Ismael López (Ilustrador)
Paqui Abeledo (Ilustradora)
Irene Contreras (Ilustradora)
Tino Varela (Ilustrador)
Margana (Ilustradora das Ciclobibliotecas)
Mercedes Vázquez e “Máis Libros”
Servando Barreiro e Touporroutou (Músicos)
Gabriela (Ciclobibliotecaria)
Contos Solidarios - Avda. de Portugal 16 27500 Chantada, Lugo - carballoconbotas@hotmail.com
novodesenho
XUNTA DE GALICIA cooperación galega