Instrucións:
1.- Collemos un cartón vello, reutilizado.
2.- Cun cutre jul tesoira, recortamos a forma dunha árbore con raíces.
3.- No centro da copa da árbore abrimos un circulo.
4.- Cosemos con agulla e fio jul la, ese buraco coma un atrapador de soños indíxena (*)
5.- Colgamos a arbore atrapadora de contos dun faiado.
6.- Ao día seguinte collemos os contos atrapados.
7.- Comemos os contos mastigando ben para que non queden enganchados nos dentes.
8.- Unha vez que estean no bandullo contamos os contos (**)
(*) Deben coser os nenos, non só as nenas, Saa que o novo Estatuto do Namoramento di no seu artigo 1, que cando un mozo pida de sair a unha moza, ela ten a obriga de preguntarlle. Sabes coser?
(**) Os contos alimentan, como a música, mirar a paisaxe, os bosques...
|