 |
Todo neno, sen
distinción de raza, idioma ou relixión,
ten dereito a escoitar os máis fermosos
contos da tradición oral dos pobos,
especialmente aqueles que estimulen a súa
imaxinación e a súa capacidade
crítica. |
|
 |
Todo neno ten dereito a
esixir que os seus pais lle conten contos
a calquera hora do día. |
|
 |
Todo
neno que por unha ou outra razón non teña
a ninguén que lle conte contos, ten absoluto
dereito a pedir ó adulto da súa
preferencia que llos conte, sempre e cando éste
demostre que o fai con amor e tenrura, que é
como se contan os contos. |
 |
Todo
neno ten dereito a escoitar contos sentado no
colo dos seus avós. Aqueles que teñan
vivos ós seus catro avós poderán
cedelos a outros nenos que por diversas razóns
non teñan avós que lles conten contos.
Do mesmo xeito, aqueles avós que carezan
de netos están en libedade de acudir a
escolas, parques e outros lugares de concentración
infantil onde poderán contar cantos contos
queiran. |
 |
Todo
neno está no dereito de saber quen son
os principais autores de contos. As persoas adultas
están na obriga de poñer as súas
historias ó alcance dos nenos. |
 |
Todo
neno goza a plenitude do dereito de coñece-las
fábulas, os mitos e lendas da tradición
oral do seu país. |
 |
O
neno tamén ten dereito a inventar e contar
os seus propios contos, así como a modificar
os xa existentes, creando a súa propia
versión. |
 |
O neno
ten dereito a esixir contos novos. Os adultos
están na obriga de nutrirse permanentemente
de novos e imaxinativos relatos, propios ou non,
con ou sen reises, longos ou curtos... O único
obrigatorio é que éstes sexan fermosos
e interesantes. |
 |
O
neno sempre ten dereito a pedir outro conto e
a pedir que lle conten un millón de veces
o mesmo conto. |
 |
Todo
neno ten dereito a medrar acompañado das
aventuras de "Polgariño" e "Merlín",
de aquel cabalo que era tan bonito... , e do inmortal
"Había unha vez...", palabras
máxicas que abren as portas da imaxinación
na ruta cara os soños máis fermosos
da nenez. |
|
Asociación
Colombiana del Libro Infantil (Adaptación) |